• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade defende un urbanismo máis sustentable e unha mellora da calidade de vida das persoas que habitan os centros históricos

Unha delegación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, encabezado pola presidenta do Grupo e alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, está a asistir ao XVII Congreso Mundial da Organización das Cidades do Patrimonio Mundial, que se celebra en Córdoba até o 27 de setembro, baixo o título 'Simposio sobre a Habitabilidade dos Centros Históricos. Cara a un novo proxecto urbano (2022-2026)'.

As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade celebran o seu 30 aniversario coa apertura de monumentos en horario nocturno e múltiples actividades culturais o sábado 14 de setembro

O recentemente recuperado edificio da Casa das Máquinas de Santiago acolleu a presentación do evento que pecha a programación do 30 aniversario da creación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, o vindeiro sábado 14 setembro. A presidenta do Grupo, Goretti Sanmartín, aproveitou a presentación para explicar que A Casa das Máquinas, aberta ao público hai tan só un mes, é un dos poucos exemplos de arquitectura industrial de comezos do século pasado e unha das mostras máis emblemáticas do modernismo en Compostela.

Constituída a nova Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade tras as eleccións locais

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, vén de participar na constitución da Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade que tivo lugar esta mañá na sala nobre da Casa Castellarnau de Tarragona. Nunha xuntanza previa, que tivo lugar na tarde de onte na Casa Consistorial da cidade, constituíse a Comisión Executiva da que forma parte a alcaldesa de Santiago xunto aos alcaldes de Tarragona, La Laguna, Segovia e Salamanca.

Goretti Sanmartín asistirá este sábado á Asemblea constituínte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade en Tarragona

A Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), máximo órgano de goberno da entidade, celebrarase na cidade de Tarragona o vindeiro sábado 29 de xullo. Á reunión, que arrancará ás 10:00 horas na Sala Gótica do Pretorio Romano, asistirán os alcaldes e alcaldesas das 15 cidades membros desta entidade sen ánimo de lucro e declarada de Utilidade Pública, que reúne ás cidades españolas cuxos centros históricos foron inscritos na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO e que en 2023 celebra o 30 aniversario da súa creación.