• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

17 de novembro: reunión da Asociación Española de Destinos Gastronómicos

Na reunión de Destinos Gastronómicos trataranse os requisitos que deben cumprir os destinos que queiran integrarse na Asociación e analizaranse as novas candidaturas propostas. Os membros promotores da iniciativa son: Santiago de Compostela, Cambrils, Xixón, Lanzarote, Lleida, San Sebastián e Valladolid. A mediados de 2010 incorporáronse outras cinco cidades: Albacete, Badaxoz, Cidade Real, Valencia e Zaragoza. O obxectivo da asociación é contar con presenza en todas as Comunidades Autónomas.

16 de novembro. II Xornadas galegas sobre empresas de inserción laboral

Nas II Xornadas galegas sobre empresas de inserción laboral está previsto tratar aspectos clave para este tipo de empresas como son a figura dos itinerarios de inserción e a necesidade da concertación público-privado, poñendo especial interese na fórmula de reserva de mercado e na inclusión de cláusulas sociais na contratación pública.

Do 5 ao 9 de novembro. Hostelco

Turismo de Santiago promociona a cidad como destino gastronómico, en Hostelco, un Salón de referencia para o sector, que se celebra en Barcelona do 5 ao 9 de novembro, e que segundo os cálculos da organización, contará coa participación de 80.000 profesionais.

Santiago está presente neste evento profesional dentro do grupo Saborea España, da que forma parte como membro da Asociación Española de Destinos Gastronómicos, xunto con Cambrils, Xixón, Lanzarote, Lleida, San Sebastián e Valladolid.

Do 16 de novembro a 13 de decembro: Seminario de creación e valoración de proxectos empresariais

O Seminario de creación e valoración de proxectos empresariais está organizado por Bic Galicia e ten unha duración de 35 horas. Consta de sete sesións de formación e dúas sesións de apoio ao asesoramento de proxectos. Realizarase unha sesión previa de entrevistas para a avaliación dos proxectos participantes.

5 de novembro: l Obradoiro de Coaching Sistémico e Constelacións organizacionais en Galicia

Organizado por Identia e destinado preferentemente a persoal e directivos de empresas e outras entidades, a través deste obradoiro trataranse de ver solucións á xestion do talento, xestión da innovación, xestión dos Recursos Humanos, e xestión do cambio a través de novas metodoloxías innovadoras.

11 de novembro. Xornada "Mellora o SEO do teu negocio en internet"

Organizada por Iniciador Galicia en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica, a ponencia será impartida por Nico Castro, experto en en SEO -Search Engine Optimization / Optimización para motores de búsqueda en internet-. 

En Mellora o SEO do teu negocio en internet compartiránse consellos e trucos para mellorar o posicionamento das empresas e negocios en buscadores de internet.

As persoas interesadas poden inscribirse no formulario adxunto (situado á esquerda desta páxina) ou na  web www.iniciador.com.

18 e 19 de novembro. Xornadas II Emporium Woman Emprende. X Congreso internacional sobre emprendemento universitario

A Universidade de Santiago cumpre 10 anos de estimulación e fomento do emprendimento universitario, e por este motivo reúne neste ano Santo Compostelán aos principais programas e expertos nestes temas, tanto a nivel nacional como internacional, para dialogar e pór en común as diferentes metodoloxías empregadas nas diferentes culturas emprendedoras.

19 de novembro: xornada "Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos tradicionais e comercio electrónico

Coa organización da xornada "Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos tradicionais e comercio electrónico", o día 19 de novembro no Centro Sociocultural do Ensanche, en Santiago de Compostela, ADAF pretende impulsar o desenvolvemento do medio rural en Galicia pondo en valor a súa cultura e promovendo o uso das TICs como canle de  desenvolvemento. A cualificación dos recursos humanos e o impulso do capital intanxible no medio rural en Galicia preséntase como un auténtico desafío de futuro.