• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Asamblea de REDEL: 9 e 10 de setembro

A Rede de Entidades para o Desenvolvemento local é unha entidade supramunicipal que se constituíu o 1 de marzo do 2007, tras un período de reflexión no que se debateu a filosofía e obxectivos da organización. 

Os obxectivos de REDEL son reflexionar sobre aspectos clave no desenvolvemento local como políticas económicas e industriais, competitividade, innovación, coñecemento, políticas activas de emprego, inserción laboral, etc., para construír un modelo desde unha identidade común.

Obradoiro de formación: Competencias transversais clave nos programas de formación e emprego

Este obradoiro conta con 30 prazas, divididas en dous grupos de 15 persoas. Un deles formarase o día 15 de xuño pola tarde, e o outro o 16 de xuño, en horario de mañá. Celebrarase no Centro Sociocultural de O Castiñeiriño. Organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, enmárcase no Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela e nel colabora REDEL, a Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local.

Xornada de presentación do Proxecto Anatole sobre mercados de proximidade

A concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo organiza, o 28 de xuño, unha xornada de presentación do Proxecto Anatole sobre mercados de proximidade. Terá lugar no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, na Rúa do Vilar, número 19. 

O Proxecto Anatole é un proxecto de dimensión europea que pretende a recolleita e implantación de boas prácticas sobre o desenvolvemento de mercados de proximidade, é dicir de mercados nos que a relación entre a produción e o consumo se da nun territorio relativamente pequeno.

25 a 27 de maio: IMEX Frankfurt

O IMEX Frankfurt é unha das feiras máis importantes do mundo neste tipo de turismo, polo que a presenza do SCCB neste evento, no que xa estivo nos pasados anos, é continuar consolidando o posicionamento da cidade como un destino atrativo, de calidade e internacional para as empresas e entidade organizadoras de Congresos. 

Conferencia: Mulleres na ruta do coñecemento e a innovación

Xoves, 6 de maio. 18.00 h.Fundación Caixa Galicia. Rúa do Vilar, número 19.  

Mulleres na ruta do coñecemento e a innovación está enmarcada no Plan de Acción Local do Proxecto WEED. Será impartida por Ángeles Salle. Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, Ángeles Salle posúe unha dilatada experiencia traballando para diversas institucións públicas e privadas; e en iniciativas relacionadas co emprego, o desenvolvemento socioeconómico e a igualdade.

Conferencia: Un equipo de ouro

Na conferencia, Iturriaga, que apadriña a presentación en Galicia de Adalid Inmark, explicará por que a selección española se converteu nun equipo exemplar, que incluso superou unha etapa de crise para acadar novos triunfos. As ensinanzas deste colectivo de élite son trasladables a outros ámbitos, como pode ser calquera equipo empresarial que se reúna co obxectivo de competir con éxito no mercado.