• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Reunión ANATOLE Grupo Local

Representantes das administracions local e autonómica, de produtores agrogandeiros de Galicia, de asociacións de consumidores, e do sector hostaleiro reunírsnse esta tarde na Oficina de Turismo de Santiago, no cuarto encontro do grupo ANATOLE en Compostela, convocado pola concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo; Turismo de Santiago; a asociación Terras de Compostela, e a Asociación ADTERRA (Asociación para o Desenvolvemento dos Territorios polos Actores Locais).

Seminario sobre Empresas de Inserción Laboral

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo do Concello de Santiago de Compostela e a Asociación Plataforma polo Emprego organizan no marco das actividades do Pacto Local polo Emprego este Seminario dirixido a entidades de iniciativa social sobre as Empresas de Inserción. Foro de encontro no que o mundo da empresa e as entidades de iniciativa social debatan sobre a figura das Empresas de Inserción Laboral como ferramenta de promoción do emprego e loita contra a exclusión social.

Presentación do Programa Xestión Empresarial Avanzada

 O acto de Presentación que terá lugar na sede do ITE Gaixa Galicia en A Coruña (Ronda de Nelle, 31) estará presidido por D. Daniel Ramos Lobón Presidente de FEGAXE e D. Francisco Javier Pou de los Mozos,  Xerente de ITE Caixa Galicia.

Seguidamente terá lugar a Ponencia "Novedades Fiscais en España" a cargo de D. Jaime Cabezas Gras, Inspector de Facenda do Estado.

16 de decembro. Presentación da Web do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Tras máis dun ano de traballo dedicado ao deseño, reestruturación de contidos, e creación de novas ferramentas, chegou por fin o momento da posta en marcha da nova web do Ceesg.
Este portal nace coa intención de ser o principal medio de comunicación do Ceesg, un espazo de encontro, de diálogo, de participación e de creación conxunta de Educación Social, unha comunidade aberta e democrática de aprendizaxe e educación ao longo da vida, e, ao mesmo tempo, un instrumento áxil e útil.

29 de novembro: xornada informativa "Condicións de acceso aos novos certificados de profesionalidade"

Na xornada analizarase:

  • A formación dos novos certificados de profesionalidade e os seus criterios de acceso.
  • Orientación para poder cursar certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
  • As probas de avaliación en competencias de nivel 2 e 3.
As persoas interesadas poden informarse e inscribirse a través do teléfono 981 568 752 

21 a 24 de novembro. San Sebastián Gastronomika

Santiago estará presente no stand da Asociación Española de Destinos Gastronómicos e como productos representativos da cidade ofrecerá aos visitantes a "Tarta de Santiago", de Casa Mora, e Pedras de Compostela. Tamén distribuirá entre o público profesional distinto material como a Guía Gastronómica, o libro de receitas de SANTIAGO(é)TAPAS, folletos sobre a Praza de Abastos ou a guía de restaurantes da Asociacións Hostelería Compostela.

O día 24 estará adicado á relación entre Turismo e Gastronomía.

19 de novembro: Asamblea Xeral de "Saborea España"

Na Asamblea Xeral de Saborea España tratarase o regulamento para o uso da marca, continuarase traballando no desenvolvemento do concepto que se quere transmitir e promocionar, analizando os requisitos que deben cumprir tanto os destinos como as empresas asociados, e traballarase no Plan de Acción a desenvolver no 2011. Ademáis, o xoves, Saborea España fará unha presentación ao Goberno de Canarias.

17 de novembro: reunión da Asociación Española de Destinos Gastronómicos

Na reunión de Destinos Gastronómicos trataranse os requisitos que deben cumprir os destinos que queiran integrarse na Asociación e analizaranse as novas candidaturas propostas. Os membros promotores da iniciativa son: Santiago de Compostela, Cambrils, Xixón, Lanzarote, Lleida, San Sebastián e Valladolid. A mediados de 2010 incorporáronse outras cinco cidades: Albacete, Badaxoz, Cidade Real, Valencia e Zaragoza. O obxectivo da asociación é contar con presenza en todas as Comunidades Autónomas.