• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SORTEO DUN CURSO ONLINE DE BUSINESS STRATEGY IMPARTIDO POLA EMPRESA ASMARTMIND

Efectuado o día 26 de maio de 2014 no CERSIA Empresa o Sorteo dun curso online de Business Strategy impartdo pola empresa ASMARTMIND  entre as catro p ersoas participantes a saber:

  1. Tamara Rodríguez Silva
  2. Gustavo Castro Blanco
  3. Cristina Gamallo Solórzano

  4. RENATO ALFARO PORTAL

Resulta gañadora deste bono Dna. Cristina Gamallo Solorzano , obténdose ademáis a seguinte lista de suplentes:

  1. Tamara Rodríguez Silva
  2. Renato Alfaro Portal
  3. Gustavo Castro Blanco

Amplíase, ata o 24 de novembro, a inscrición no curso "Empaquetado de regalos"

A concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo amplía, ata o 24 de novembro, o prazo de inscrición no curso Empaquetado de regalos, pertencente ao programa Formación para o comercio. As persoas desempregadas e/ou ocupadas que traballen no sector do comercio,poden apuntarse no formulario habilitado na parte esquerda.

Últimos días para inscribirse na xornada GranxaFamiliar

O 18 de novembro remata o prazo para inscribirse na xornada "GranxaFamiliar. Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos tradicionais e comercio electrónico". As persoas interesadas poden apuntarse no formulario de inscrición que atoparán na parte esquerda desta páxina, ou o 19 de novembro, o día do encontro no mesmo lugar de celebración: o Centro Sociocultural do Ensanche.

Últimas prazas para inscribirse no Seminario de creación e valoración de proxectos empresariais

As persoas interesadas en asistir ao seminario, que é gratuito, poden inscribirse e informarse no número do SAE, o Servizo de Apoio á Empresa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O teléfono é o 981 568 752 e o enderezo Rúa do Hórreo, número 100 (fronte ao Parlamento de Galicia). Poden apuntarse no horario de oficina, de 9.00 h. a 14.00 h. de luns a venres.

Últimos días para inscribirse no curso Busca de emprego a través de internet

O luns e o martes, en horario de 9.00 h. a 14.00 h. son os últimos días para inscribirse no curso Busca de emprego a través de internet que se celebrará o 20 e 21 de outubro no edificio Cersia, en San Lázaro. As persoas interesadas en participar poden informarse e inscribirse nas oficinas que a Concellaría de Promoción Económica e Emprego ten na Rúa do Hórreo, número 100, ou a través do teléfono 981 568 752. O horario de atención ao público é de luns a venres, de 9.00 h. a 14.00 h. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos especificados.

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela colaboran na posta en marcha do programa Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social

A Oficina de Promoción Económica lanza este programa de impulso da economía social, en colaboración con Espazo Coop, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro de 2021 co obxectivo de impulsar un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social na contorna de Santiago de Compostela, dando a coñecer as especificidades, características e vantaxes do emprendemento cooperativo e a economía social para visibilizar e divulgar entre a poboación en xeral os modelos de empresas de Economía Social e o das cooperativas en particular como fórmula de creación de emprego estable e de