• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O balance dun mes de RGPD: mais queixas contra as empresas

A aplicación da nova normativa logrou que aumenten as protestas e que crezan as queixas. Iso é o que sinalan os reguladores de protección de datos dos diferentes países da Unión Europa. Como publican en Warc, partindo de datos asociados aos organismos de protección de datos de diferentes países, produciuse un considerable incremento das queixas relacionadas con protección de datos e tamén hai máis notificacións de brechas de seguridade en datos.

Os novos perfís profesionais que demandan as empresas turísticas

Necesítanse novos profesionais relacionados con venda en liña, márketing dixital, captación de tráfico para atraer clientes, analistas en "big data" e "small data".... Isto é debido a que cada vez temos máis información pero as empresas non saben ben que facer con ela. Estes perfís son moi valorados.

As praias de Benidorm ofrecerán wifi gratis a 20.000 usuarios simultáneos

Esta rede, a primeira 'smart wifi' nas praias da península, xa está dispoñible na de Levante e antes do 20 de abril tamén o estará na de Poniente, La Cala, El Castell e a zona do casco antigo da cidade. A rede ofrece múltiples posibilidades para coñecer o comportamento dos turistas nos seus recorridos pola cidade e, así, poder ofertarlles alternativas adaptadas ás súas necesidades.

Lánzase unha plataforma aberta de información e datos xeográficos en tempo real

Isto posibilitará que terceiros (institucións, como axencias espaciais nacionais, PEMES e novas empresas) cren servizos empresariais innovadores baseados en datos de satélites, con múltitude de aplicacións en campos tan diversos como o control de pragas na agricultura, a prevención de lumes no monte ou o inventario de recursos cinexéticos.