• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os novos perfís profesionais que demandan as empresas turísticas

Necesítanse novos profesionais relacionados con venda en liña, márketing dixital, captación de tráfico para atraer clientes, analistas en "big data" e "small data".... Isto é debido a que cada vez temos máis información pero as empresas non saben ben que facer con ela. Estes perfís son moi valorados.

A cartelería dixital evoluciona hacia a interactividade e a persoalización

A maneira máis utilizada polos hoteis foi a instalación de pantallas dixitais, principalmente na recepción do hotel, permitíndolles concentrar os puntos informativos, xerar mensaxes e vídeos con contidos en varios idiomas e ofrecer un aspecto máis moderno, máis propio do século XXI. 

Estudantes de Santiago asisten a un obradoiro sobre cooperativismo en Dairylac

Ademais, persoal de Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo, explicoulles como se organiza a loxística na fábrica e algúns conceptos e estratexias de márketing. Finalmente, os estudantes probaron mostras dos diferentes tipos de queixo e leite que se procesan en Dairylac.

Narrar historias significativas para por de relevancia o impacto social

O márketing e a impacto social teñen moito en común. En ambos os campos, tentase persuadir ás persoas e crear condicións que as guíen cara a unha determinada acción. Nun caso, a condición que está a buscar é unha venda; no outro, é un comportamento positivo. As empresas poden agregar un verdadeiro valor social, sexa construír un produto que axude ás persoas para ser máis sociais ou crear un espazo para que as persoas poidan relacionarse entre sí.