Desafío SCQ
A Concellería de Economía convoca, no marco do programa Santiago Investors Support, o concurso Desafio SCQ, co fin de fomentar a cultura emprendedora entro os estudantes e xerar vínculos entre estes e empresas do Concello de Santiago de Compostela. A convocatoria do concurso está aberta a todo o alumando de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Formación Profesional de Santiago, que conformen un grupo de catro ou cinco membros, titorizados por un docente do seu centro para desenvolver un dos desafíos propostos.
Preténdese aportar un coñecemento temperán do mundo empresarial e un contacto con el, así como axudar a entender o papel do empresariado na comunidade. Asemade búscase fomentar os valores da cultura emprendedora entre a mocidade.
As solicitudes de participación deberán realizarse mediante o envío debidamente cumprimentado do formulario de inscrición que pode descargarse nesta web ao correo electrónico desafioscq@santiagodecompostela.org ata o 27 de marzo. Cada docente pode titorizar a máis dun grupo. Os membros dos grupos gañadores serán premiados cunha tableta dixital cada un, e o centro educativo ao que estean vencellados, un ordenador portátil.
Aos equipos participantes remitiráselles un listado de posibles desafíos empresariais para que cada grupo escolla un deles e presente unha solución ao mesmo. A organización do concurso escollerá como máximo seis grupos finalistas que prepararán a súa presentación pública para o acto final do concurso que se celebrará na primeira semana do mes de xuño en Santiago de Compostela.
Un xurado composto por representantes das concellerías de Educación e de Economía e entidades empresariais de Santiago de Compostela escollerá a proposta gañadora en cada unha das tres categorías do Concurso: Solución máis innovadora, Solución máis social e Solución mellor presentada.
No citado concurso premiaranse aquelas solucións aportadas polos grupos de estudantes que deseñen as propostas máis creativas, máis sociais e mellor presentadas.
O xurado seleccionará as solucións máis innovadoras, máis sociais e mellor presentadas segundo os seguintes criterios:a. Alcance da proposta
b. Grao de innovación da idea
c. Sostibilidade da proposta
d. Orixinalidade, deseño e calidade da presentación da proposta.
Todo o alumnado de 3º e 4º da ESO, Bacharelado e Formación Profesional do Concello de Santiago de Composteal, que conformen un grupo de 4 ou 5 membros para desenvolver un dos desafíos propostos.