• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Axenda Urbana de Santiago organiza un novo Encontro Emprendedor coa Gobernanza como eixo central

O ciclo de Encontros Emprendedores celebra a súa penúltima xuntanza o martes 17 de outubro, ás 10h, no Espazo Galego da Creatividade. Do mesmo xeito que en anteriores citas, o Encontro Emprendedor enmárcarase nunha experiencia empresarial que pon en práctica o eixo da gobernanza, tanto na súa estrutura como na actividade que desenvolve.

As fendas sociais no foco do Mapa de Cohesión do Sistema Urbano do Eixo Atlántico

Na presentación do informe, participaron ademais do alcalde, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao e o coordinador do mesmo, Roberto San Salvador. Un traballo que pretende compartir información dos municipios do Eixo Atlántico entre eles para corrixir as desigualdades e mellorar as políticas coincidindo cos retos globais do ámbito local que fixaba a Axenda Urbana.

A economía social confórmase como alternativa de futuro para afrontar os retos das Axendas Urbanas e 2030

Durante dous días, a sede da Fundación para a Construción Laboral en Galicia, acolleu o encontro da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local (REDEL), unha actividade organizada polo Concello de Santiago de Compostela co respaldo da Rede de Entidades para el Desarrollo Local (Redel), a Red de Ciudades Ciencia e Innovación (Innpulso), a Red de Territorios Socialmente Responsables (Retos) e Cidades por el Empleo; no marco da capitalidade española da economía social que durante este ano ostenta Santiago de Compostela.

Aprobada a solicitude de subvención ao Ministerio de Transportes por máis de 3,3 millóns de euros para a rehabilitación de 250 vivendas da cidade histórica

A proposta de solicitude de subvención ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, destinada fundamentalmente a melloras de eficiencia enerxética, contempla a rehabilitación de 250 vivendas. No ano 2023, serían un total de 50 vivendas. En 2024, o ámbito de actuación ampliariase aata as 100 vivendas, as mesmas que en 2025.

A cidadanía compostelá poderá contribuír na elaboración da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, presentou esta mañá en rolda de prensa a seguinte fase do proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela tras a diagnose inicial. O acto tamén contou coa presenza dos co-directores do proxecto, María Cadaval, profesora de Economía Aplicada da USC e Santiago Lago, catedrático de Economía Aplicada da UVigo, que detallaron as accións que se levarán a cabo nos vindeiros meses.