• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Xunta de Goberno local dá luz verde á licitación do proxecto de rehabilitación de firmes en nove rúas da cidade

A alcaldesa detallou que "o contrato das obras de rehabilitación de firmes contará cun orzamento base de 358.535,10 euros (296.310,00 € sen IVE) e un prazo de execución de 4 meses" para levar a cabo melloras nos firmes das seguintes vías da cidade: na rúa da Presa, rúa do Campo de Santa Isabel, rúa de Vite de Abaixo, avenida do Burgo das Nacións, rúa de Pilar Miró, rúa do Tambre, rúa de San Caetano, rúa das Casas da Hedra e travesa das Casas da Hedra. Por algunhas destas rúas discorren tramos do Camiño de Santiago ou se atopan baixo especial protección.

As Cidades Patrimonio fan un chamamento á colaboración das administracións para dar resposta a grandes retos en materia de vivenda, rehabilitación e sustentabilidade urbana

A Cidade de Segovia acolleu a clausura das xornadas "Cidades Habitadas. Vida e sustentabilidade urbana nas Cidades Patrimonio da Humanidade". Segundo a alcaldesa de Segovia e vicepresidenta do Grupo, Clara Martín, "entre os nosos retos destacan a xeración de vivenda pública; os prezos da vivenda, xerar unha mobilidade sustentable e promover un control de turismo que non bote aos residentes.

Segovia acolle as xornadas para abordar os grandes retos das Cidades Patrimonio en ámbitos como a rehabilitación do patrimonio, o turismo ou a sostenibilidade

"Cidades Habitadas. Vida e sustentabilidade urbana nas Cidades Patrimonio da Humanidade" é o título das xornadas que arrancaron onte e se desenvolven ao longo do día de hoxe, 25 de abril, organizadas pola Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo e coordinadas pola área de Patrimonio Histórico do Concello de Segovia.

Comezan as obras de conservación e mellora de eficiencia enerxética da fachada leste do Pazo de Raxoi

O Consorcio de Santiago iniciou nos últimos días as obras de conservación e mellora da eficiencia enerxética da fachada leste do Pazo de Raxoi, un proxecto que buscará mellorar as condicións de habitabilidade do edificio que acolle o Concello, a Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega. Farase a través da renovación de carpinterías e saneado da fachada que dá á praza do Obradoiro.

Aprobada a solicitude de subvención ao Ministerio de Transportes por máis de 3,3 millóns de euros para a rehabilitación de 250 vivendas da cidade histórica

A proposta de solicitude de subvención ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, destinada fundamentalmente a melloras de eficiencia enerxética, contempla a rehabilitación de 250 vivendas. No ano 2023, serían un total de 50 vivendas. En 2024, o ámbito de actuación ampliariase aata as 100 vivendas, as mesmas que en 2025.