Decreto 175/2020 do 15 outubro,polo que se regula o Censo de Solo Empresarial de Galicia e o seu réxime sancionador
O decreto ten por obxecto regular a estrutura e o funcionamento do Censo de Solo Empresarial de Galicia, rexistro público de natureza administrativa dependente da consellería competente en materia de vivenda e solo e xestionado polo IGVS, así como o réxime sancionador. O censo será único para toda a Comunidade Autónoma de Galicia.
DOG Nº 216 do 27/10/2020
. O Censo de Solo Empresarial de Galicia, de acordo co artigo 12.1 da Lei 5/2017, de 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia, ten como finalidade coñecer o solo realmente dispoñible e o grao de ocupación das áreas empresariais existentes na Comunidade Autónoma, co obxecto de que sexa un instrumento de avaliación, planificación e actualización das necesidades de solo empresarial en Galicia. Pola súa finalidade informativa e a súa natureza declarativa, que non leva cualificación xurídica polo IGVS dos asentos rexistrados, a inscrición no censo non implica obter o recoñecemento de dereitos ou facultades
Para os efectos do decreto, enténdese por área empresarial unha superficie delimitada de solo constituído por un conxunto de parcelas, urbanizadas conforme a lexislación urbanística ou de ordenación do territorio, susceptibles de comercialización independente e cun destino principal que é a implantación de instalacións nas cales desenvolver usos e actividades económicas dominantes correspondentes aos sectores secundario ou terciario.
A obriga de inscrición no Censo de Solo Empresarial de Galicia comprende todas as áreas empresariais que teñan ou vaian ter parcelas dispoñibles para a súa comercialización, así como as que estean previstas para o seu inmediato desenvolvemento, por teren en vigor o plan parcial ou proxecto sectorial correspondente