• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria programa subvencións dirixido entidades sen ánimo lucro realización actividades promoción económica provincia A Coruña 2021

 O obxecto destas bases é establecer as normas para a solicitude, concesión, xustificación e pagamento das subvencións en réxime de concorrencia competitiva que tramite a Deputación da Coruña, ao amparo do establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e no seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo (RDLXS), dirixidas a entidades sen ánimo de lucro con actividade na provincia da Coruña. Estas normas serán de aplicación ás convocatorias de subvencións provinciais referidas a actividades que se van realizar no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

BOP Nº 62 do 06/04/2021

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización de actividades tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e a hostalaría, apoiando liñas de comercialización e promoción dos nosos produtos de calidade que permitan a penetración no mercado, mediante axudas á loxistica e a distribución, por parte das entidades sen ánimo de lucro que forman parte dos seguintes ámbitos:

a) Colexios profesionais, entidades asociativas e federativas representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial e cámaras de comercio.

 Organización de congresos, exposicións, talleres, xornadas, estudios e seminarios relacionados coa promoción económica da provincia.

 Festas de recoñecido interese turístico, feiras de artesanía, feiras de exaltación de produtos típicos da zona. 

   Actividades de promoción, difusión e animación do comercio local (campañas de nadal, animación comercial en núcleos urbanos, decoración e animación en zonas comerciais, publicidade do comercio asociado, folletos, revistas, guias etc.). 

  Cursos de formación.

b) Asociación de veciños e de mulleres rurais:

 Apoio ás liñas de comercialización e promoción dos produtos de calidade tipicos da zona, para dalos a coñecer e permitir a penetración no mercado nacional e internacional, a través de festas de recoñecido interés turístico, feiras e festas de exaltación do produto típico, xornadas, campañas comerciais, publicidade, cursos de formación.

Entidades solicitantes.-

Poderán participar na presente convocatoria as entidades que cumpran os requisitos que se establecen de seguido, no momento de presentaren a solicitude : ”Entidades sen ánimo de lucro, tales como: Colexios profesionais, asociacións profesionais,cámaras de comercio, entidades asociativas e representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial, asociacións de veciños e de mulleres rurais; legalmente constituídas no momento de facer a solicitude, con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta Provincia”.

As entidades solicitantes deberán carecer de ánimo de lucro. Esta circunstancia tamén será aplicable aos obxectos aos que sexan referidas as solicitudes.

Só poderá concederse unha subvención por entidade nas convocatorias de concorrencia competitiva. Para estes efectos, considéranse unha soa entidade, todas aquelas nas que os/as socios/as ou membros da Xunta Directiva sexan comúns nunha porcentaxe superior ao 50% ás vinculadas nos termos establecidos na Lei xeral de subvencións e nas súas normas de desenvolvemento, así como as que poidan encaixar no concepto de grupo nos termos dispostos no Código de Comercio.

Prazo da convocatoria FOENAA/2021.-

O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste programa no BOP da provincia da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).

A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán por presentadas as solicitudes que se acheguen noutros rexistros.