Extracto da Resolución nº 2021/12365 do 6 abril 2021 aproba programa subvencións dirixido a entidades sen ánimo lucro provincia A Coruña realización actividades promoción económica 2021

Obxecto.-

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización das actividades descritas na base 3 das bases reguladoras específicas.

BOP Nº 66 do 12/04/2021

 

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https:// www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/556152)

–Bases reguladoras. A presente convocatoria rexerase polas Bases reguladoras publicadas no BOP número 62, do 6 de abril de 20201, dispoñibles en: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/04/06/2021_0000002654.pdf

Beneficiarios. -

Poderán acceder a estas axudas as entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta Provincia.

Prazo de presentación de solicitudes.-

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña, e rematará ás 14.00 horas do día 14 de maio de 2021