• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS PEL EMPRENDE INVESTIMENTO

Deputación Provincial da Coruña

Resolución de Presidencia do 23 de marzo de 2022 que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ó investimento en bens inventariables

Consolidación e fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia de A Coruña a través do apoio ó investimento en bens inventariables das PEMES en calquera das modalidades xurídicas existentes.

O prazo de solicitudes abrirase o día 11 de abril e finalizará o día 11 de maio de 2022 ás 14 horas.

 

O orzamento mínimo de gasto é de 3.500 euros, e o máximo de 25.000 euros. O importe máximo a solicitar é do 70% do orzamento do gasto subvencionable.

Os gastos subvencionables serán en aplicacións e equipos informáticos, maquinaria e mobiliario.

Documentación requerida

Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación:

-Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal Tributaria actualizado. 

-No caso de persoas autónomas, Certificado de Vida laboral do/a autónomo/a ou certificado da mutualidade correspondente onde conste a data de alta no RETA, ou alta na mutualidade 

No caso de persoas xurídicas, Escritura de Constitución da entidade e as súas modificacións ou variacións posteriores (se as houbese), ou calquera outro documento análogo no que figuren os estatutos, estipulacións ou contratos privados, así como a inscrición no rexistro público correspondente (no caso de estar obrigados) a efectos de determinar a antigüidade da empresa, a excepción das sociedades civís nas que se determinará atendendo á data que conste no documento de constitución das mesmas. 

-Declaración de mínimis 

.Autorización de representación para a presentación da solicitude no caso de non coincidir coa persoa solicitante (para as persoas físicas) ou co representante legal da entidade (para as persoas xurídicas).

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Estas axudas van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais que estean desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda.

Requisitos

• Ter o domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña.

• Ter unha antigüidade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial para a que solicita a axuda segundo a información recollida no certificado de situación censual da entidade.

• No caso de persoas autónomas, estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, e non ter unha antigüidade superior aos 5 anos anteriores á data de publicación da convocatoria.

• No caso de persoas xurídicas, a data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición no Rexistro público correspondente, non pode ter unha antigüidade superior aos 5 anos, anteriores á data de publicación da convocatoria destas axudas.