PRESTAMOS PEMES GALICIA

Instituto Galego de Promoción Económica

Resolución do 14 de marzo de 2022 do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no instrumento financeiro préstamos Pemes Galicia-Programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Poñer a disposición das PEMES liñas de financiamento directo que melloren seu acceso ó crédito e faciliten a execución de proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia.

Préstamos IFI Innova.- Apoiar financeiramente proxectos innovadores de pemes, financiando activos tanxibles e intanxibles e gastos de desenvolvemento e innovación.

O prazo finalizará cando, en función das solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, ou ben o 30 de setembro de 2022.

 

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) A documentación específica sinalada no anexo I para cada modalidade do produto financeiro.

b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

c) En caso de sociedades mercantís: 1º. Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores, e poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, de ser o caso, no rexistro competente. 2º. Contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que estivera vencido o prazo da súa formulación. 3º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

d) En caso de sociedades en constitución: 1º. Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír. 2º. Proxecto de estatutos da sociedade. Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade con anterioridade a ditarse a proposta de concesión/denegación. Para tal fin, terá que ser presentada no Igape a escritura de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, no prazo máximo dun mes desde a presentación da solicitude. Transcorrido o devandito prazo sen presentala ou se a documentación presentada é incorrecta, e logo de requirimento para a súa corrección no prazo de 10 días, o Igape arquivará o expediente.

e) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE (resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente).

f) Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

g) En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estar as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

h) De ser o caso, proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva a dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

i) Relación detallada dos investimentos que se van realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

j) Copia do contrato de alugamento/concesión das instalacións obxecto do proxecto de investimento, de ser o caso.

k) Complementariamente, o Igape poderá solicitar a achega con carácter facultativo daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas pequenas, medianas ou microempresas conforme a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014)

Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos que se especifican no apartado seguinte.

Requisitos

Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme os requisitos que se detallan no anexo I.

Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.