• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PRESTAMOS DIRECTOS PARA O FINANCIAMENTO EMPRESARIAL EN GALICIA

Instituto Galego de Promoción Económica

Resolución do 5 de abril de 2022 pola que se da publicidade ó Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia

Posta en marcha das seguintes liñas de préstamo:

-Préstamos para investimentos estratéxicos;

-Préstamos para financiar investimentos en infraestruturas de uso compartido e desenvolvemento de proxectos en Galicia por parte de centros tecnolóxicos e asociacións empresariais;

-Préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval. -Préstamos para financiar a operativa das industrias afectadas polo incremento do prezo das materias primas e subministros   a consecuencia da invasión de Ucraína por Rusia

Iniciarase o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG e rematará o 30 de decembro de 2022, excepto que se produza o suposto de esgotamento de crédito

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) A documentación específica sinalada no anexo I para cada modalidade de préstamo.

b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electrónicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

c) En caso de persoas xurídicas: 1º. Escritura/acta de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores. 2º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente. 3º. Contas anuais, auditadas, se é o caso, correspondentes ao último exercicio pechado. 4º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

d) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

e) Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

f) En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estar as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

g) Se é o caso, anteproxecto ou proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva a dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de anteproxecto ou proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

h) Relación detallada dos investimentos e/ou gastos que se van realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

i) Acreditación da dispoñibilidade do inmoble afecto ao proxecto de investimento (copia do contrato de alugamento, concesión, superficie ou adquisición, segundo proceda).

j) Se é ocaso, acreditación da capacidade de financiamento da parte da actuación non cuberta co préstamo solicitado. Esta acreditación poderá consistir: – Nunha certificación bancaria da dispoñibilidade líquida (que terá que indicar expresamente que o saldo dispoñible non está peñorado nin suxeito a limitacións de dispoñibilidade) e/ou unha comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento (importe, prazo, carencia e garantías que se van tomar); – Nun compromiso firme do financiamento que van achegar os socios, no cal figure a natureza, importe e prazos.

k) Complementariamente, o Igape poderá solicitar a achega, con carácter facultativo, daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas empresas que cumpran os requisitos especificados no apartado seguinte,

poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de interese económico, as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos. Cando non teñan personalidade xurídica, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como no acordo de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se van aplicar por cada un deles, que terán, igualmente, a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.

Requisitos

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación que se vai financiar, localizada na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme os requisitos que se detallan no anexo I.

c)  Acheguen para a actuación unha contribución financeira mínima do 25 % do custo total, exenta de calquera tipo de apoio público.