AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACION DAS EMPRESAS EN GALICIA

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN848F).

Aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas galegas (pemes) mediante bonos de innovación, código de procedemento IN848F:

Liña 1. Bonos para servizos de apoio á innovación, para o financiamento das actividades destinadas á protección da innovación e o coñecemento, transferencia tecnolóxica, comercialización e que permitan o desenvolvemento de novos produtos e servizos ou mellora da competitividade empresarial.

Liña 2. Bonos para xestión do financiamento da innovación, para a subvención dos custos de actividades de xestión, contratadas cos axentes da innovación, encamiñadas á:

Tipo A. Tramitación de incentivos e beneficios fiscais para a I+D+i.

Tipo B. Solicitude de financiamento a proxectos ou actuacións de I+D+i en convocatorias de axudas estatais, europeas ou internacionais.

Documentación requerida

As entidades solicitantes deberán achegar, xunto co formulario de solicitude, a seguinte documentación:

a) Copia da escritura de constitución da entidade e as súas modificacións posteriores.

b) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil, en que se especifique a data de constitución, o obxecto social, capital, sede social e clasificación CNAE.

c) Poder de representación verificado na súa suficiencia, de ser o caso.

d) Declaración completa do imposto de sociedades do último exercicio pechado, modelo 200 da Axencia Tributaria Estatal. e) Informe do cadro de persoal medio anual emitido pola Seguridade Social do ano 2021. No caso de non ter traballadores dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social, achegarase documento acreditativo emitido pola Seguridade Social e declaración responsable do representante legal da entidade de non ter traballadores.

f) Anexo V, declaración da condición de peme. No caso de pemes vinculadas, asociadas ou participadas de acordo cos criterios establecidos no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, deberanse achegar os anexos V-A, V-B, V-A.1, ou V-B.1, segundo corresponda.

g) Deberase presentar a documentación acreditativa daqueles criterios de avaliación que se detallan no artigo 18 desta convocatoria (información adicional anexo VI), de ser o caso.

 

Ademais, deberase achegar segundo o tipo de bonos:

a) Liña 1:

i. Memoria descritiva, segundo as especificacións do anexo II. ii. Documentación acreditativa de criterios de avaliación.

b) Liña 2:

i. Memoria descritiva, segundo as especificacións do anexo III. A memoria é un elemento de referencia para aplicar unha parte importante dos criterios de avaliación e a coherencia do investimento, polo que a súa ausencia, unha redacción incompleta, deficiencias nos seus contidos ou a súa difícil comprensión poderá producir minusvaloración da solicitude, sen que sexa susceptible dun requirimento de mellora.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias desta axuda as microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas no artigo 2, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda. Cada unha das liñas que compoñen esta axuda vai dirixa ás seguintes entidades:

Liña 1. Servizos de apoio á innovación Microempresas e pequenas empresas

Liña 2. Xestión do financiamento da innovación Microempresas, pequenas e medianas empresas

Requisitos

Os beneficiarios das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 20 desta convocatoria.

Quedan excluídos da presente convocatoria e non poderán adquirir a condición de beneficiarios desta axuda:

  1. As pemes en crise conforme a definición contida no artigo 2.3 desta convocatoria.
  2. As pemes nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común
  3. As pemes vinculadas ou asociadas e/ou pertencentes ao mesmo grupo empresarial, nos seguintes casos: • Que fosen beneficiarias doutras convocatorias do programa Innovapeme nas condicións do punto 2 deste artigo. • Que sexan beneficiarias simultaneamente na presente convocatoria nunha mesma liña. Neste caso, as pemes beneficiarias deberán determinar cal é o expediente que continúa no procedemento.
  4. As asociacións, as fundacións e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.
  5. As entidades e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes das administracións públicas, así como aquelas pertencentes á Administración institucional, calquera que sexa a administración na que se integren.
  6. Calquera ente, organismo ou entidade con personalidade xurídica propia, que se teñan creado especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos pertencentes ao sector público financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia, de acordo co establecido no artigo 3.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

De xeito específico quedan excluídas:

Para a liña 1, bonos para servizos de apoio á innovación:

• As microempresas e pequenas empresas, que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Innovapeme na súa convocatoria do ano 2017 (Resolución do 27 de novembro de 2017, DOG núm. 232, do 7 de decembro), do ano 2019 (Resolucións do 29 de xullo de 2019, DOG núm. 153, do 13 de agosto e Resolución do 29 de outubro de 2019, DOG núm. 226, do 27 de novembro), do ano 2020 (Resolución do 15 de setembro de 2020, DOG núm. 196, do 20 de setembro) e no ano 2021 (Resolución do 8 de outubro de 2021, DOG núm. 203, do 21 de outubro).

• As microempresas e pequenas empresas que, no momento da publicación desta resolución, inclúan como rúbricas exclusivas da Clasificación nacional de actividades económicas-CNAE-2009 algunha das seguintes:

– Sección J: información e comunicacións: quedan excluídas como beneficiarias as empresas das divisións 61: telecomunicacións; 62: programación, consultoría e outras actividades relacionadas coa informática; e 63: servizos de información.

Para a liña 2, bonos para a xestión do financiamento da I+D+i:

• As pemes que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Innovapeme na súa convocatoria do ano 2020 (Resolución do 15 de setembro de 2020, DOG núm. 196, do 20 de setembro) e no ano 2021 (Resolución do 8 de outubro de 2021, DOG núm. 203, do 21 de outubro).