• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS Á CREACION ESCENICA

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT403B).

OBXECTO

Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic, para contribuír á promoción da creatividade escénica, no marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT403B).

A finalidade das subvencións é o fomento da produción escénica en calquera disciplina artística.

Documentación requerida

DOCUMENTACION

Ademais da solicitude (anexo II), as persoas interesadas presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:

Documentación xeral.

-Se a persoa solicitante é unha persoa xurídica: a) Certificado do acordo social de solicitude da axuda. b) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda. c) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

-Se a persoa solicitante é unha sociedade civil e comunidades de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia deberá facer constar: a) Nomeamento do representante ou apoderado legal único da agrupación (con poder bastante para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle corresponden á agrupación; debe facer constar tal circunstancia tanto na solicitude como na aceptación da concesión da axuda). b) Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se lle aplicará a cada un. c) O compromiso de non disolución destas ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Documentación específica.

-Memoria do proxecto que inclúa separadamente o tratamento, por parte das persoas solicitantes, dos seguintes puntos: a) Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos. b) Estratexias de difusión e promoción do proxecto. c) Repercusión do proxecto na creación e fomento de públicos para as artes escénicas. d) Viabilidade técnica e económica do proxecto proposto tendo en conta especialmente o orzamento, os recursos empresariais implicados e a adecuación do proxecto e do orzamento aos obxectivos que se perseguen. e) Descrición, cun máximo de vinte páxinas, que recolla os recursos relativos á posta en escena do espectáculo e que inclúa o currículo curto de actores e actrices e traballo actoral e coreográfico, escenografía, vestiario ou outros aspectos plásticos, iluminación, música, así como calquera outro aspecto creativo que se considere.

-Certificación acreditativa da titularidade dos dereitos de autor. Nun primeiro momento (e durante o trámite de presentación da solicitude da subvención), poderase achegar unicamente a acreditación da súa solicitude. Non obstante, a dita titularidade deberase acreditar con anterioridade ao aboamento da subvención.

-Memoria da empresa (anexo III).

-Memoria das actividades realizadas pola compañía (anexo IV). Non se terán en conta os espectáculos ou funcións non recollidos no anexo nin os que non veñan acompañados da documentación acreditativa.

-Ficha de produción (anexo V).

-Historial da directora ou director (anexo VI). Non se terá en consideración o historial non recollido no anexo nin o que non veña acompañado da documentación acreditativa.

-Plan económico financeiro (anexo VII).

-Compromiso de contratación (anexo VIII). O compromiso de contratación será o das persoas integrantes do equipo artístico, asinado tanto pola empresa como pola persoa traballadora, coa declaración expresa de non participación en máis de tres proxectos escénicos e cos salarios referidos ao convenio en vigor. 1.11. Acreditación documental da memoria das actividades realizadas pola compañía do anexo IV e do historial do director ou directora do anexo VI.

 

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

BENEFICIARIOS

INTERESADOS

Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas, e as súas asociacións, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

REQUISITOS

Esta liña de axudas comprende diferentes modalidades que se relacionan a seguir:

a) Modalidade 1: subvencións á creación de espectáculos de empresas de nova creación.

b) Modalidade 2: subvencións á creación escénica no ámbito do teatro, novo circo e maxia.

 c) Modalidade 3: subvencións á creación escénica no ámbito da danza e artes do movemento.

d) Modalidade 4: subvencións á actividade escénica de carácter plurianual

Os requisitos xerais de todas as modalidades son:

a) A produción do proxecto subvencionado deberá iniciarse no exercicio 2023.

b) No suposto de coproducións, unicamente se terá en conta para valorar os criterios relativos á empresa a entidade que figure como persoa solicitante.

c) Sen prexuízo da posible presentación de máis dun proxecto distinto por unha mesma persoa solicitante nas distintas modalidades, só poderá ser obxecto de subvención un proxecto por persoa física, xurídica ou sociedade civil o comunidade de bens, ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia.

Ademais dos requisitos xerais, existen requisitos específicos, que se expresan a seguir:

Modalidade 1 (subvencións á creación de espectáculos de empresas de nova creación):

– O equipo artístico da produción debe estar integrado, como mínimo, nun 50 % por persoas nacidas a partir do ano 1988, inclusive. Para os efectos desta convocatoria, enténdese por equipo artístico: elenco, dirección, persoa ou persoas responsables do deseño do espazo escénico, do deseño de luz, do deseño do espazo sonoro e do deseño do vestiario.

– Antigüidade da compañía non superior aos cinco anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizaranse desde a primeira data da alta no IAE na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.

b) Modalidade 4 (subvencións á actividade escénica de carácter plurianual):

– Contar cunha actividade empresarial no ámbito das artes escénicas sen interrupción nos últimos 10 anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizaranse desde a primeira data da alta no IAE na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.

– Facturación media dos tres últimos anos de 100.000 euros como mínimo.

 – Os proxectos deberán conter, como mínimo, unha produción e un plan de xira de 70 funcións que recolla tanto o mercado galego como o exterior. Deste plan de xira polo menos 15 funcións corresponderán a unha das producións do proxecto subvencionado.

– As producións que formen parte do proxecto subvencionado desta modalidade poderán presentarse de forma individual ás outras modalidades desta convocatoria. Neste caso, a persoa solicitante deberá establecer, como no resto dos casos, a orde de prelación.

– Nesta modalidade subvencionaranse unicamente dúas entidades con proxectos escénicos para desenvolver durante os anos 2023-2025.