• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS DO PROGRAMA DE COMERCIO CIRCULAR

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 16 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións do programa de comercio circular e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300D).

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a execución de proxectos do programa de comercio circular.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo III, a seguinte documentación:

 

1.1. Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:

a) Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación destes, debidamente legalizados, de ser o caso. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

b) Documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración da persoa representante legal da persoa solicitante, ou poderá achegar, debidamente cuberto e asinado, o modelo de representación para procedementos ante a Xunta de Galicia que figura na sede electrónica.

c) Informe emitido pola Seguridade Social de todos os códigos de conta de cotización da persoa solicitante, no cal figure o número de persoas traballadoras con posterioridade á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou acreditación de non estar inscrita como empresario/a, se é o caso.

d) Declaración responsable para acreditar que a actividade comercial subvencionable é a principal, no suposto de que nun mesmo establecemento comercial se realicen actividades comerciais subvencionables con outras non subvencionables.

 

1.2. Asociacións de comerciantes:

a) Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, e acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente, se é o caso.

b) Poder suficiente da persoa representante da entidade solicitante.

c) Composición actualizada da Xunta Directiva da entidade asociativa.

d) Orzamento do exercicio corrente da entidade asociativa.

e) Orzamento liquidado pola entidade asociativa no ano 2022.

f) Contas anuais aprobadas pola Xunta Directiva da entidade asociativa nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.

g) Certificado expedido pola persoa que exerce a secretaría ou a representación da entidade solicitante, que acredite o número total de membros asociados e do número de comercios retallistas asociados. Estes datos deberán coincidir, no momento da emisión do certificado, cos datos existentes na intranet da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

h) Formalización do anexo VI relativo á unidade xerencial, xunto coa documentación que se sinala nel: – Copia do contrato ou contratos do xerente. – Copia do curriculum da persoa xerente.

i) Declaración de non vinculación da persoa xerente nos termos establecidos no artigo 18 destas bases reguladoras.

 

1.3. Documentación común para todas as persoas interesadas:

a) Memoria, que deberá incluír unha descrición detallada de cada unha das actuacións concretas para as cales se solicita a subvención.

b) Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención.

c) No caso das agrupacións de persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica: deberán constar expresamente (anexo IV) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Deberá nomearse unha persoa representante única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

    1. Comerciantes retallistas.
    2. Obradoiros artesáns.
    3. Asociacións de comerciantes.
Requisitos

Comerciantes retallistas:

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que teñan a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño), incluídas as persoas en situación de autoemprego.

c) Que estean dadas de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal. No suposto de que nun mesmo establecemento comercial se realicen actividades comerciais subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal

 

Obradoiros artesáns: Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

 

Asociacións de comerciantes: Que teñan a condición de centro comercial aberto ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300A) (DOG núm. 28, do 9.2.2023). En todo caso, as asociacións de comerciantes deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e estar ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola Xunta Directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.