Sánchez Bugallo reivindica a aposta de Santiago pola innovación e as novas tecnoloxías, dous elementos clave que definirán o futuro despois da crise sanitaria
Sánchez Bugallo subliñou que estamos ante un escenario duro, difícil, moi complexo a causa da pandemia, \"tamén a nivel económico\". Pero é un contexto, continúa, no que \"a historia experimenta auténticos aceleróns\" e polo tanto, \"cheo de oportunidades\". \"O mundo que vai saír desta crise vai ser un mundo con cambios moi importantes\". Para o rexedor haberá un antes e un despois, polo que \"é moi importante anticiparse e aproveitar eses ventos de cambio\".