• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Maker Faire Galicia máis internacional e mediática anuncia os primeiros Hits para a súa 7ª edición, que se celebrará 100% en liña do 2 ao 6 de xuño

Entre os primeiros relatores destacados desvelados desta edición atopamos referentes tanto nacionais como internacionais nos ámbitos da biotecnoloxía, os videoxogos ou a tecnoloxía.

César de la Fuente, biotecnólogo galego e profesor na Universidade de Pensilvania, participará nas xornadas da industria o 3 de xuño. César, coñecido polo público xeral por desenvolver un test de baixo custo para detectar o COVID-19, foi nomeado polo MIT como un dos 35 mozos máis innovadores do mundo con menos de 35 anos.

A economía social e outros 5 modelos alternativos á economía de mercado

Estamos ante outro xeito de emprender, de producir, de xestionar e de consumir, que pivota ao redor dos seguintes principios: 1) Colocación das persoas no centro das súas decisións = xestión autónoma e transparente, democrática e participativa. 2) Reparto dos beneficios en función do traballo, dos servizos ou das actividade achegados polas persoas socias. 3) Promoción da solidariedade interna e compromiso coa sociedade = igualdade entre homes e mulleres, cohesión social, cooperación e independencia de poderes públicos. 4) Compromiso co territorio, propiciando estabilidade e futuro.

Campaña divulgativa sobre consumo sostible

Para acadar una sustentabilidade real son aspectos fundamentais o comercio de proximidade e a adquisición duns hábitos máis responsables por parte da poboación son aspectos fundamentais. É necesario pois que tanto a estrutura comercial como a educativa e veciñal colaboren e vaian da man nun proceso que redunde nunha mellor calidade de vida para o barrio, a súa poboación e, en xeral, en conxunto da sociedade.

Imitando a depuración natural da auga: filtros verdes

Para o ano 2050 espérase que polo menos un 25% da poboación mundial viva en países afectados pola escaseza crónica de auga doce, polo que o obxectivo da ONU de garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para todos, debe tomarse como un reto, responsabilidade de toda a sociedade e afrontalo desde diferentes aspectos.

A descarbonización do transporte é unha oportunidade para a economía española

Ás veces pérdese de vista que o cambio climático é unha oportunidade para facer as cousas mellor. Descarbonizar un sector de gran impacto climático e tan contaminante como é o do transporte supón un reto, pero este estudo demostra que con vontade política, investimentos en infraestrutura, en novas tecnoloxías, etcétera, pódese xerar emprego, reducir emisións e contaminación e mesmo reducir custos para o consumidor