A campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” pon o foco este mes na saúde e na economía circular
Na visita, a concelleira volveu poñer en valor a campaña “que segue demostrando o enorme valor engadido que tén o pequeno comercio de Santiago e a súa vertente solidaria e capacidade para construír comunidade”. María Rozas salientou tamén a calidade das tendas de proximidade, “da que é un claro exemplo D´Aldea que ademais traballa produtos ecolóxicos e de proximidade que tamén debemos reivindicar”.