Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2010
As categorías nas que se divide o Concurso de novas ideas empresariais de Compostela Activa 2010 son:
As categorías nas que se divide o Concurso de novas ideas empresariais de Compostela Activa 2010 son:
Na conferencia, Iturriaga, que apadriña a presentación en Galicia de Adalid Inmark, explicará por que a selección española se converteu nun equipo exemplar, que incluso superou unha etapa de crise para acadar novos triunfos. As ensinanzas deste colectivo de élite son trasladables a outros ámbitos, como pode ser calquera equipo empresarial que se reúna co obxectivo de competir con éxito no mercado.
O encontro estivo dirixido ás persoas interesadas en desenvolver un proxecto empresarial nos vindeiros anos, ás que están dando os seus primeiros pasos á fronte dun negocio, e ás empresas de Compostela que precisaran promocionarse e darse a coñecer no mercado. A asistencia era de balde.
Inglés para a atención de persoas estranxeiras consta de dúas edicións, que ofertan un total de 16 prazas, 8 por edición. Cada unha delas contará con 40 horas lectivas. Cada persoa beneficiaria recibirá formación personalizada e adaptada ao seu propio negocio, con vocabulario específico.
Poden participar todos os estabelecementos comerciais polo miúdo abertos ao público no Concello de Santiago, excepto os xa homenaxeados en anos anteriores (2006, 2007, 2008, 2009). Unha comisión estudiará as solicitudes de participación presentadas conforme aos criterios obxectivos fixados nas bases.
Criterios de valoración
Co obxectivo de incentivar a aplicación das melloras ou solucións propostas no informe de necesidades, ábrese a segunda fase do Plan de mellora para os comercios en activo: o Concurso de proxectos. Nesta convocatoria poderán participar todos os estabelecementos comerciais de Santiago de Compostela, aínda que non participaran na primeira fase, que presenten un proxecto comercial vinculado ás tres áreas vinculadas ás tres categorías do concurso. Son:
O curso conta con contidos prácticos relacionados coa creación de empresas. Ademáis da formación, proporcionaráse atención personalizada a cada participante para axudarlle a traballar sobre o seu proxecto empresarial ou de autoemprego. Tamén se lles facilitará aos asistentes unha aplicación informática para elaborar o plan de empresa e analizar a viabilidade económica e financeira dos seus proxectos. Este apoio complementarase cunha titoría individual de asesoramento empresarial por alumno/a ao remate do curso.
No Encontro de Emprendedores: Sector Medioambiental participan 45 empresas procedentes de distintos lugares do Estado Español. A maioría pertencen aos subsectores de Enerxías renovábeis, Servizos ambientais a empresas e entidades, Xestión de espazos naturais, Xestión de espazos e residuos e Construción sostible e bioclimática. O día 25 está programada unha visita ao Centro de Urbanismo Sostible Ecociudad “Valdespartera”.
O taller consta de dúas partes, precedidas dunha introducción a cargo de AGE CONSULTORES. Na primeira parte artéllanse os fundamentos das competencias transversais e o proceso de ensino por competencias. A segunda versa sobre a guía de uso das ferramentas no desenvolvemento de competencias transversais para a empregabilidade nos programas de formación.
Aproveitando este encontro desenvolverase unha Asamblea Xeral de REDEL, o taller de formación Ferramentas para o desenvolvemento de competencias transversais de importancia clave para a empregabilidade nos programas de formación e emprego en alternancia, ao que asisten técnicos de Promoción Económica; e o Encontro de Emprendedores: Sector Medioambiental, no que participan 45 empresas. É o terceiro encontro destas características organizado por REDEL.