• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Seminario Internacional Proxecto Coidadores Familiares

Santiago de Compostela acollerá o 16 e 17 de setembro un seminario internacional no que participarán as entidades socias do proxecto europeo Coidadores Familiares, pertencente ao programa Leonardo Da Vinci: Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo de Santiago de Compostela, Caring of Carers de Irlanda, INTEGRA PLUS de Bélxica, ADMR de Francia, Academia de Formación de Eslovaquia, o Instituto para o Desenvolvemento e a Formación da illa francesa de Córcega, e a

Forum Gastronómico Santiago 2010. As cociñas do Atlántico.

O Fórum naceu como un congreso profesional de e para cociñeiros. Baixo este paraugas, paralelamente foise consolidando unha feira de produtos de alta calidade: alimentación, bebidas, publicacións, utensilios ou maquinaria son o complemento ideal das actividades relacionadas co congreso. O programa fórmano sesións de cociña en directo da man de grandes cociñeiros nos que o asistente pode degustar as elaboracións realizadas, catas de viños, diálogos e un longo etcétera deseñado co único obxectivo de proporcionar ao profesional as mellores ferramentas de formación.

Xornada interdisciplinar de Atención Temperá.

A xornada está organizada pola Concellaría de Promoción Economica e Emprego, e a Asociación Galega de Atención Temperá. Cofinanciada polo Fondo Social Europeo, conta coa colaboración da EGAP e da Concellaría de Educación do Concello de Santiago. Os seus obxectivos son analizar os transtornos emerxentes relacionados coa alteración do vínculo familiar (vínculos entre pais/nais e fillos/as), e actualizar o traballo que se está facendo a nivel do Estado Español.