• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada Paixón Emprendendora: recursos e axudas ao emprendemento

A xornada estará presentada pola ponente Marisol Vázquez, que nos falara de cómo facer da túa paixón o teu proxecto vital e empresarial. Contaremos ademáis coa presenza da Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez;  a Xerente do Consorcio de Santiago, María Antón e a Concelleira de Economía, Reyes Leis.

PROGRAMA DO ACTO:

11:00h. Apertura da xornada coa ponencia de Marisol Vázquez "Paixón Emprendedora".

AXUDAS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS SANTIAGO INVESTORS SUPPORT 2014

O máximo de axuda por empresa ascente aos 5.000 euros e os capítulos subvencionables son: custo de persoal contratado por conta allea, cotas autónomos do empresario individual e socios e cotas das mutuas dos colexios profesionais; compras de mercadorías, materias primas e outros aprivisionamentos; gastos de investigación e desenvolvemento; arrendamentos e canons; reparacións e conservacións; servizos profesionais independentes; transportes; primas de seguros; publicidade, propaganda e relacións públicas; subministros; gastos de formalización de constitución da sociedade.