• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O mundo terá 10.000 millóns de turistas no 2030

Os turistas en xeral son moi ben aceptados e a maioría da poboación local sabe que eses visitantes contribúen ao seu nivel de vida, pero estamos a ver ultimamente reaccións en contra do turismo, algo que convén entender e manexar adecuadamente. Desafortunadamente, imos movendonos da hospitalidade á hostilidade en determinadas cidades

O Concello e a Cámara de Comercio poñen en marcha un servizo gratuíto de información, asesoramento e intermediación para as empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais

A través deste servizo ofrecerase de xeito coordinado información e recursos para o acceso das empresas de Compostela ás liñas de financiamento ICO, ás xestionadas pola rede cameral e a outras fontes de crédito mobilizadas dende o Goberno e as propias entidades financeiras para o mesmo fin. Este asesoramento enmárcase no convenio asinado entre ámbalas dúas entidades, que agora se vai ampliar.

ALCALDÍA O alcalde destaca a aposta do concello pola biotecnoloxía e o emprendemento social na visita á II Feira de emprendedoras de Compostela

O obxectivo principal desta Feira de Emprendedoras da Comarca de Compostela, impulsada pola Oficina de Promoción Económica dependente da Alcaldía, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, é achegar á cidadanía as diferentes iniciativas da economía social lideradas por mulleres, e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na nosa contorna.

A Plataforma polo Emprego, anfitrioa este xoves do segundo Batido Sinérxico da Economía Social

Nesta primeira cita, que se repetirá todos os segundos xoves de mes ao redor dun almorzo solidario a cargo de Panxea s. coop. galega, participaron once entidades de economía social da cidade, ademais da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández e da responsable técnica do proxecto, Carme Casado.

As novas esixencias do turista impoñen cambios no labor dos guías

Entre as súas conclusións destacan que é frecuente que as novas tecnoloxías interpóñanse nas visitas e nas explicacións que ofrecen estes profesionais. A modo de exemplo, indican que moitos clientes viaxan con aplicacións móbiles especializadas en viño nos seus teléfonos e, en ocasións, antes de catar un viño xa sacaron unha fotografía da etiqueta e miran o seu prezo medio, a valoración doutros usuarios e outros datos.

Competencias dixitais para fuxir do desemprego

Na mesma liña, a consultora  PwC prevé que en 2030 en España polo menos un 4% das profesións existentes desaparecerán e a OCDE engade que polo menos un 10% dos traballos estarán en perigo de desaparecer. Pero estes datos non teñen porqué ser totalmente negativos, numerosas persoas expertas coinciden que a dixitalización traerá consigo máis empregos novos que os que desaparecerán por mor desta.

O Concello lanza un servizo de consultoría non presencial para apoiar ao pequeno comercio na preparación da volta á actividade económica

A crise socioeconómica orixinada pola crise sanitaria do COVID-19 ten orixinado unha especial situación de indefensión naquelas empresas que ou ben se viron obrigadas a cesar a súa actividade durante o período de confinamento ou ben tiveron que cambiar a operativa da mesma, reducíndose o nivel de actividade e facturación das empresas, como é o caso do sector do comercio minorista.

Está en perigo o traballo da clase media?

Entre os últimos atópanse tanto empregos pouco cualificados, aínda que ligados á atención personalizada (o que lles fai dificilmente sustituibles por máquinas), como empregos que requiren o uso de capacidades cognitivas (que esixen unha alta cualificación). É o chamado proceso de polarización do emprego.