• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Rede de Cooperación Local 2008

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) no ano 2004 como instrumento de fomento e creación de riqueza, co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago.

Rede de Cooperación Local (2004-2007)

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago. Para acadar esta interrelación entre empresariado, institucións e investigadores da USC, organízanse visitas conxuntas, comidas de traballo, conferencias, e distintas accións formativas que van evolucionando segundo as necesidades detectadas en cada momento.

DESAFIO SCQ

Preténdese aportar un coñecemento temperán do mundo empresarial e un contacto con el, así como axudar a entender o papel do empresariado na comunidade. Asemade búscase fomentar os valores da cultura emprendedora entre a mocidade.

 No citado concurso premiaranse aquelas solucións aportadas polos grupos de estudantes que deseñen as propostas máis creativas, máis sociais e mellor presentadas.

Regalar custa pouco 2010

O III Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco 2010 ten como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal. As mellores propostas de agasallos presentadas polos/as comerciantes serán recollidas nun catálogo, xunto a identificación, enderezo, horario de apertura e localización do comercio. Elaborado cun deseño atractivo, destinado ás compras de Nadal e con prezos asequibles e pechados, editarase en versión trilingüe: galego, castelán e inglés.

Programas de cooperación 2010

A través dos Programas de Cooperación, cofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo e xestionados pola Concellaría de Promoción Económica, o Concello de Santiago contrata persoas desempregadas para que, a través do desenvolvemento de obras e servizos de interese para a comunidade, incrementen a súa formación e a súa práctica profesional, mellorando así as súas expectativas de reinserción.

Volta ao cole

O programa Volta ao cole ten como obxectivos potenciar as compras nos estabelecementos comerciais na cidade durante o outono; promover a adaptación dos estabelecementos comerciais á situación e cambios do mercado actual; e estimular a implantación de estratexias encamiñadas á satisfacción das necesidades, esixencias e demandas das persoas consumidoras.

Proxecto Persoa IV

O Proxecto Persoa IV é un proxecto experimental de emprego, que focaliza a súa atención nos servizos persoais a coidadores de persoas maiores, de persoas enfermas e discapacitadas, e de nenos/as. Ademais de traballar a inserción laboral incide na cobertura de servizos sociais fundamentais, formando ao alumnado nun sector considerado como un novo filón de emprego: o sector dos servizos ás persoas.

Rede de Cooperación Local 2010

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) no ano 2004 como instrumento de fomento e creación de riqueza, co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago.