• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Prover de alimentos á poboación supon incrementar a súa produción nun 70% nos próximos 30 anos

Ante esta situación, unha rexión como Galicia, con grandes fortalezas no sector agroalimentario e un sector científico relacionado puxante e recoñecido, ten moito recorrido para acadar proveito destas oportunidades. Sen dúbida, o coñecemento acumulado nos campus da nosa Universidade, constitúen unha importante panca de apoio para desenvolver proxectos rendibles e sostibles.

A realidade virtual no mundo e mais en España

Na actualidade, no noso país existen máis de 150 empresas dedicadas á realidade virtual, que traballan xerando contidos inmersivos que poidan ser gozados nos diferentes tipos de sistemas presentes, tanto en España como noutros países do mundo. Hai que destacar que o 41% do total son pequenas compañías, as cales teñen contratados a menos de 5 empregados. Isto quere dicir que o groso do sector traballa na creación de pequenos proxectos con pouco persoal. Tamén existen empresas máis grandes, con máis de 20 empregados, aínda que representan unicamente o 8% do total.

Etiquetas

A economía dixital cambia a forma na que se disfrutan as experiencias gastronómicas

Os restaurantes recorren cada vez máis á tecnoloxía para mellorar as experiencias gastronómicas dos seus clientes. Na actualidade o 7% dos propietarios ou xerentes usa tecnoloxía en mesa a través de dispositivos que permiten solicitar a conta ou a presenza dun camareiro con tan só apertar un botón, aínda que se espera que esta porcentaxe aumente nos próximos anos.

Etiquetas

ALCALDIA O Goberno autoriza a construción do novo edificio de viaxeiros da estación de Santiago de Compostela

O Consello de Ministros, na súa reunión de hoxe, autorizou ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) a licitar, a través de Adif Alta Velocidade, o contrato de obras de execución do proxecto construtivo do novo edificio de viaxeiros da estación de Santiago de Compostela, por un valor estimado de 27.758.103,41 euros (IVE non incluído). Una nova que o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu con satisfacción.

Etiquetas

Actividades de dinamización de rúa todas as fins de semana de xuño dentro da campaña Eu merco aquí

Dado o éxito acadado polos eventos de dinamización de rúa durante a festa do comercio local Prima21 os pasados 3,4 e 5 de xuño, desde o departamento de Comercio apóstase por continuar coa programación lúdico-cultural para todos os públicos durante todos os fins de semana do mes de xuño. Así o anunciou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a técnica de Comercio, Lucía Castro.