• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

97% das empresas galegas espera manter ou incrementar o emprego en 2018

En 2018 parece que as empresas están máis preocupadas polo impacto dos prezos da enerxía e as materias primas que polos custos laborais ou polas condicións de financiamento, ao contrario do que acontecía o ano anterior. Por outro lado, hai que destacar o incremento na porcentaxe de empresas que sinala a escasez de persoal cualificado como un factor que limitará a actividade en 2018, sensiblemente superior ao que sinalou este factor en 2017.

A economía social e outros 5 modelos alternativos á economía de mercado

Estamos ante outro xeito de emprender, de producir, de xestionar e de consumir, que pivota ao redor dos seguintes principios: 1) Colocación das persoas no centro das súas decisións = xestión autónoma e transparente, democrática e participativa. 2) Reparto dos beneficios en función do traballo, dos servizos ou das actividade achegados polas persoas socias. 3) Promoción da solidariedade interna e compromiso coa sociedade = igualdade entre homes e mulleres, cohesión social, cooperación e independencia de poderes públicos. 4) Compromiso co territorio, propiciando estabilidade e futuro.

Os "Almorzos do bo facer" rematan este martes 5 de decembro coa recollida de ideas e iniciativas na Sala Númax

O Almorzos do bo facer viñéronse celebrando neste último trimestre do ano 2017. Esta iniciativa enmárcase no programa Compostela Móvese, que recolle as actividades da Oficina de Promoción Económica municipal, coa intención de impulsar un novo modelo económico para Santiago. Para iso búscanse as principais fortalezas sociais e económicas da cidade.

Alfóns Cornellá de novo en Compostela

Hoxe en día esperamos case calquera cousa da ciencia, a tecnoloxía e o comportamento social. O que antes percibiamos como “radical” agora convértese en algo totalmente “normal”, moi rapidamente. Este feito obríganos a ser moito máis audaces na nosa maneira de pensar e a ter un coñecemento constante e actualizado dos últimos avances no mundo. Xestionar e comunicar un progreso tan acelerado, que a miúdo é incomprensible para a maioría das persoas, será un dos grandes retos do futuro próximo.

O Concello de Santiago, pioneiro na captación de fondos europeos destinados ao fomento da compra pública innovadora

O proxecto Smartiago contempla tres liñas estratéxicas: a da xestión sostible e intelixente dos residuos sólidos urbanos, a da mobilidade intelixente sostible e a do alumeado ornamental intelixente para a conservación do patrimonio.

O cambio á agricultura orgánica podería reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro

O estudo, publicado na revista Nature Communications, descubriu que ao combinar a produción orgánica cunha dieta cada vez máis vexetariana, maneiras de reducir o desperdicio de alimentos e un retorno aos métodos tradicionais de fixación de nitróxeno no chan en lugar de usar fertilizantes, a poboación mundial proxectada para 2050 de máis de 9 mil millóns poderían alimentarse sen aumentar en gran medida a cantidade actual de terra baixo produción agrícola

¿Economía circular? ... Xa se facía nas aldeas

Mentres na gandería industrial as deposicións dos animais son un problema difícil de xestionar, na leira é o ingrediente máxico para devolver fertilidade á terra. Mentres nunha cidade prodúcese unha cantidade inxente de malgasto alimentario, gran parte do cal acaba en vertedoiros, os lixos dun fogar campesiño alimentan ao gando ou, ben compactadas, enriquecerán o chan onde crecerán as verduras no próximo ciclo agrario.