• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Aprobado o proxecto de regulamento do Consello Municipal da cidade histórica

Este Consello está integrado pola presidencia, dúas vicepresidencias; as vogalías, e a secretaría. Na designación dos seus membros promoverase a presenza equilibrada de homes e mulleres, dacordo co establecido no artigo 16 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

O Goberno municipal aproba o anteproxecto e estudo de viabilidade do complexo deportivo de Santa Marta

A nivel de planeamento urbanístico, o ámbito da intervención prevista atópase en solo clasificado polo PXOM como solo urbanizable delimitado e DEP-2-SUP-6 Equipamento Deportivo 2. Localízase nunha parcela de 4.400 metros cadrados, situada entre as rúas das Trece Rosas e Maruxa Mallo.

Aprobada a licitación e subministro da xestión da base de datos Oracle que agruparará a información do Concello de Santiago

Esta licitación enmárcase dentro de plan de modernización da infraestrutura informática e telemática da administración local, que está desenvolvendo a concellaría dirixida por Marta Abal. En concreto, aprobouse a adquisición de licenzas e a xestión integral dunha base de datos de recoñecido prestixio no ámbito internacional, como é Oracle, co obxecto de convertela no núcleo central e integrador de información de todo o Concello de Santiago.

O sistema RECICLOS supera os 5.000 usuarios en Santiago

Mila Castro amosouse moi satisfeita coa boa acollida que a campaña tivo entre os composteláns e as compostelás e pola implicación de asociacións como ATEGAL, A Pedra que Fala, Banco de Alimentos Rías Altas, AGAFI ou ASOTRAME neste sistema de Devolución e Recompensa (SDR) que permite acumular puntos e obter recompensas que os usuarios poden doar a diferentes entidades ou proxectos da cidade.

Así, RECICLOS permitiu a posta en valor da conexión entre Fontiñas e o parque de San Lázaro polo parque de Carlomagno, e a melloras de zonas verdes no Parque de Santa Marta.

Volve a Festa do Banquete de Conxo os vindeiros 12, 13 e 14 de maio

Durante a rolda de prensa, o alcalde anunciou a data da IV Festa do Banquete de Conxo, que se desenvolverá entre o 12 e o 14 de maio e fixo un chamamento a todos "os barrios e parroquias da cidade a participar nesta festa da fraternidade, da liberdade e da igualdade, valores que simbolizan aquel acto de confraternidade histórico do Banquete de Conxo que xuntou a estudantes e artesáns na antiga Carballeira de Conxo".

AXUDAS Á APICULTURA

Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o período estendido (do 1 de agosto ao 31 de decembro de 2022) do Programa nacional apícola 2020-2022 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

AXUDAS Á VALORIZACION E Á SEGUNDA TRANSFORMACION DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT

Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos de investimento realizados polas persoas beneficiarias descritas no artigo 2 desta resolución nos seus procesos de produción vinculados á transformación da madeira e os seus derivados, resina, cortiza así como doutros produtos de orixe forestal, exceptuando os alimentarios, e que teñan como obxectivo aumentar a súa produtividade, a diversificación, ou a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou solucións, produtos valorizados ou procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental.

Resolución de Concesión da convocatoria de 2022 das subvencións a empresas para actuacións en materia de Economía Circular

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o 27 de decembro de 2022 adoptou o seguinte acordo: Resolución de Concesión da convocatoria de 2022 das subvencións a empresas para actuacións en materia de Economía Circular resultando beneficiaria de dita subvención a empresa COMPOSTELA INSERTA EIL SL B70XXXX71, por un importe de 9.631,94 euros.