• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os novos perfís profesionais que demandan as empresas turísticas

Necesítanse novos profesionais relacionados con venda en liña, márketing dixital, captación de tráfico para atraer clientes, analistas en "big data" e "small data".... Isto é debido a que cada vez temos máis información pero as empresas non saben ben que facer con ela. Estes perfís son moi valorados.

O Concello destina un millón de euros á reactivación do pequeno comercio de Compostela

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou estes tres programas e enmarcounos no conxunto de medidas destinadas ao comercio, "unha das cinco patas do Plan de Reactivación Económica". Lembrou que as outras catro "patas" son o emprego, coa posta en marcha da formación online, que está sendo "un éxito total; os/as autónomos/as e as pequenas empresas, para as que "agardamos aprobar a primeira convocatoria a semana que vén"; o turismo, cuxo plan foi presentado onte; e a cultura, con medidas que "presentaremos a finais da semana que vén ou principios da seguinte".

Etiquetas

A Oficina de Promoción Económica lanza un ciclo formativo online centrado nas necesidades da economía COVID dirixido á hostalería, comercio e empresas culturais

A Oficina de Promoción Económica oferta un ciclo de actividades de formación online para a mellora empresarial e a dinamización da actividade económica de setembro a decembro de 2021. O programa componse dun ciclo de accións formativas en diferentes sectores, sesións de titorización individual, acceso a recursos formativos adicionais para cada ciclo e un boletín de alertas sobre oportunidades e tendencias no mercado.

Se prevé un crecemento do 25% dos espazos de coworking en áreas comerciais

Establecer un espazo de coworking nunha propiedade comercial ofrece aos traballadores e traballadoras un espazo divertido pero funcional con gran accesibilidade, amplo estacionamento e utilidades de valor engadido como servizos persoais, compras e supermercados. Doutra banda, estes inquilinos e inquilinas traen tráfico diario e teñen un contrato de aluguer estable que adoita ser de cinco a 10 anos.

As sete tecnologías que cambiarán a seguridade dos alimentos

Unha nova revolución tecnolóxica está a chegar en materia de seguridade alimentaria. Os sistemas preventivos van apoiarse en novas tecnoloxías na era da industria 4.0, co que se empeza a afianzar un cambio radical nesta materia, permitindo asegurar a inocuidade dos alimentos ata límites moi próximos ao risco cero.

Compilación informativa sobre as medidas económicas extraordinarias tomadas ante a crise do COVID-19

Compílanse na seguinte relación artigos, guías e informes de fontes oficiais e entidades empresariais en relación ás medidas económicas extraordinarias adoptadas a raiz da crise sanitaria do COVID-19 que poden ser de utilidade para persoas traballadoras, empresariado e persoas autónomas:

Estudantes de Santiago asisten a un obradoiro sobre cooperativismo en Dairylac

Ademais, persoal de Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo, explicoulles como se organiza a loxística na fábrica e algúns conceptos e estratexias de márketing. Finalmente, os estudantes probaron mostras dos diferentes tipos de queixo e leite que se procesan en Dairylac.