• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Remata a edición máis virtual de Talentia

Na apertura do foro, o rexedor compostelán lembrou o xérmolo do actual Talentia, a Feira de Empego, nacida hai xa 10 anos pero que nos últimos tres, xa baixo a marca actual, experimentou unha importante mudanza "cunha aposta decidida pola innovación e o talento". E ampliou o radio de acción: de ser un evento centrado en Santiago pasou a converterse nunha feira de referencia no ámbito galego e no nacional. "Só o 10% dos participantes nas últimas edición foron de Compostela", engadiu.

O manifesto municipal do 25N destaca o agravamento das desigualdades de xénero polas consecuencias socioeconómicas derivadas da pandemia

O manifesto, consensuado entre todos os grupos políticos con representación no Concello de Santiago, remataba co compromiso da Corporación Municipal na promoción de medidas a favor dunha igualdade real e efectiva, "actualizando estudos sobre a situación das violencias de xénero, desenvolvendo políticas en materia de igualdade no ámbito preventivo e educativo, achegando recursos económicos, e impulsando campañas que traballen pola erradicación das violencias de xénero co fin de situar esta problemática no centro da axenda política local".

A realidade aumentada transformará a nosa forma de traballar

Despois duns inicios bastante mornos, a realidade aumentada está a deixarse ver como unha tecnoloxía cun futuro bastante prometedor. Boa parte deste cambio de imaxe xorde do fenómeno Pokémon Go que, hai aproximadamente dous anos, mostrou ao público xeneralista a realidade aumentada dunha forma natural mediante os personaxes do famoso videoxogo.

Compilación informativa sobre as medidas económicas extraordinarias tomadas ante a crise do COVID-19

Compílanse na seguinte relación artigos, guías e informes de fontes oficiais e entidades empresariais en relación ás medidas económicas extraordinarias adoptadas a raiz da crise sanitaria do COVID-19 que poden ser de utilidade para persoas traballadoras, empresariado e persoas autónomas:

Etiquetas

Concesión dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2017

O premio ao mellor traballo de investigación aplicada recae nunha nova tecnoloxía da USC que permite valorizar o sangue dos matadoiros como fariña con aplicacións en alimentación animal, fertilizantes e cosméticos, entre outros usos. Esta investigación realizouse no Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC, no Campus Terra de Lugo, en colaboración co enxeñeiro de industrias alimentarias Hiram Varela.

Nace "Compostela Móvese pola Economía de Proximidade" cunha liña de produción e distribución de produto de horta

A partir do 18 de maio realizaranse tres cursos de "Horticultura biolóxica profesional e economía de proximidade" nos centros cívicos de Enfesta, Marrozos e O Castiñeiriño, de 66 horas de duración cada un, con titorías personalizadas a todas as persoas participantes e demostracións prácticas das técnicas explicadas en hortas de Compostela.