• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

As axencias de desenvolvemento de España reflexionan sobre o seu futuro nunha xornada telemática

As axencias públicas de desenvolvemento, como o resto da sociedade, tiveron que adaptar a súa forma de traballo e as súas estratexias debido á actual situación co fin de seguir contribuíndo ao desenvolvemento nas súas respectivas zonas de influencia. É por iso que a Axencia de Desenvolvemento de Ejea de los Caballeros, SOFEJEA, organizou unha xornada de ámbito nacional para debater sobre "as axencias de desenvolvemento ante o desafío transformador da COVID 19".

O Concello pon en marcha una campaña de promoción e un directorio das industrias culturais de Santiago de Compostela

"O obxectivo é sensibilizar a toda a cidadanía e a outros sectores da cidade do difícil momento que atravesa a cultura, facela consciente da importancia estratéxica da cultura para o presente e futuro de Compostela, e tomar conciencia de que cada un/unha de nós pode axudar recoñecendo a riqueza e diversidade artística e consumindo os produtos e servizos culturais que se ofrecen na cidade", explicou a concelleira.

Sánchez Bugallo reivindica a aposta de Santiago pola innovación e as novas tecnoloxías, dous elementos clave que definirán o futuro despois da crise sanitaria

Sánchez Bugallo subliñou que estamos ante un escenario duro, difícil, moi complexo a causa da pandemia, \"tamén a nivel económico\". Pero é un contexto, continúa, no que \"a historia experimenta auténticos aceleróns\" e polo tanto, \"cheo de oportunidades\". \"O mundo que vai saír desta crise vai ser un mundo con cambios moi importantes\". Para o rexedor haberá un antes e un despois, polo que \"é moi importante anticiparse e aproveitar eses ventos de cambio\".

A sexta edición da Maker Faire Galicia terá lugar do 18 ao 22 de novembro en formato online

Sánchez Bugallo resaltou que o 70% dos poñentes son mulleres", o que lle chama a atención "positivamente". Para o rexedor, isto significa que a incorporación das mulleres ás novas tecnoloxias está sendo "tremendamente positiva". Tamén incidiu en como se afronta a feira, "desde multitude de ámbitos: da producción, das ciencias sociais…" Hai iniciativas, sinalou "que se están desenvolvendo que implican que as novas teconoloxías, que a dixitalización, que esta innovación chegou para quedarse; e que vai ser transversal a todos os segementos da poboación e en todos os sectores.

A Oficina de Promoción Económica oferta tres obradoiros online de balde sobre dixitalización e venda por internet dirixidos á hostelería, comercio e empresas culturais

Os obradoiros que serán impartidos por Juan Magariños, experto en asesoramento e formación integral para PEMES e persoas emprendedoras en productividade e dixitalización celebraranse integramente de xeito online.

· O dirixido ao sector comercial os martes días 10 e 17 de novembro de 9:00 a 11:00h.

· O dirixido ao sector da hostelería os mércores días 11 e 18 de novembro de 9:00 a 11:00h.

· O dirixido ao sector cultural os xoves 12 e 19 días de novembro de 9:00 a 11:00h.

Comeza o plan formativo do programa de Mellora Empresarial da Economía Social, que ten como obxectivo dotar as cooperativas de servizos de apoio ante a actual crise

Este plan formativo está destinado a persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socias e persoal de cooperativas, organizacións de economía social e público en xeral do concello de Santiago. A inscrición continúa aberta, por se hai máis persoas interesadas en realizar o curso.

ALCALDÍA O alcalde destaca a aposta do concello pola biotecnoloxía e o emprendemento social na visita á II Feira de emprendedoras de Compostela

O obxectivo principal desta Feira de Emprendedoras da Comarca de Compostela, impulsada pola Oficina de Promoción Económica dependente da Alcaldía, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, é achegar á cidadanía as diferentes iniciativas da economía social lideradas por mulleres, e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na nosa contorna.

Aberta a inscrición no programa "Mellora Empresarial de Economía Social" para dotar as cooperativas de servizos de apoio fronte á crise sanitaria

Segundo explicou Mila Castro, no marco deste programa "deseñáronse unha serie de accións formativas, de asesoramente, asi como de acompañamento, para contribuir a minimizar o impacto da pandemia a nivel económico". Unhas ferramentas que, incidiu "tamén axudarán a resolver as principais cuestións laborais, xurídicas, económicas, organizativas e comerciais na fase post-COVID".

A II Feira de Outubro de Emprendedoras de Compostela profundará na innovación social no emprendemento

As protagonistas desta feira serán as mulleres que crean empresas con fines sociais, e nas que a súa actividade empresarial non está só determinada pola necesidade de maximizar os beneficios económicos, senón tamén por buscar coa súa actividade lograr un impacto social. Estas empresas son as cooperativas, xunto con outras entidades entre as que se atopan as sociedades laborais e os centros especiais de emprego.