• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA A PARTICIPACION DE PROFESIONAIS DA CREACION LITERARIA GALEGA EN RESIDENCIAS LITERARIAS FORA DE GALICIA

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións para estadías en residencias literarias que se realicen fóra de Galicia, dirixidas a profesionais da creación literaria galega para fomentar a difusión da cultura galega e o impulso de relacións de cooperación con outros organismos e centros culturais de referencia (código de procedemento CT215D).

A Rede de Centros Socioculturais converte o comercio de Santiago no "Museo máis pequeno da cidade"

"O museo máis pequeno da cidade" é unha iniciativa da Concellaría de Centros Socioculturais, que parte dunha idea orixinal da artista catalá Noemí Batllorí. Tal e como explicou o concelleiro Xan Duro, "o obxectivo é encher Santiago de pequenos museos con entrada de balde, sen aglomeracións e sen colas, nos que ademais se poderán admirar obras realizadas polos veciños e veciñas de Compostela".

SUBVENCIONS A SALAS DE CINE PARA PROXECTOS DE INNOVACION

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para impulsar proxectos dirixidos a innovar e mellorar o funcionamento dixitalizado e sustentable das salas de exhibición cinematográfica establecidas en Galicia, e fomentar medidas de captación de público e de adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual nestes espazos, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241, e convocalas para o ano 2024.

O CSC Maruxa e Coralia acolle desde hoxe a exposición "Economía social no corazón da nosa historia"

A concelleira de Promoción Económica explicou que esta mostra chega ao CSC Maruxa e Coralia "no marco do compromiso co Goberno local co apoio e fomento da economía social, un camiño que o Concello de Santiago iniciou xa en 2016 e no que queremos seguir avanzando". María Rozas sinalou que a Economía Social é, ademais, "un dos eixos vertebradores da Axenda Urbana 2030, e temos o convencemento de que Compostela é o ecosistema acaído para estas entidades, que nos ofrecen a súa resiliencia, a súa capacidade para fixar poboación, e a súa vontade de redistribución da riqueza".

MELLORA DAS ESTRUTURAS DE PRODUCION DAS EXPLOTACIONS AGRARIAS

Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocalas para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).

Establecemento de persoas agricultoras mozas

AXUDAS FOEXGA

O obxectivo principal destas axudas é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores. As actuacións que engloban están dirixidas a:

a) Aumentar a base de empresas exportadoras.

b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

SUBVENCIONS PARA A EDICION DE AUDIOLIBROS E LIBROS DE LECTURA FACIL

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras de acordo co establecido na presente orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2024, na epígrafe 476.1 edición de libros, do imposto de actividades económicas.

 

SUBVENCIONS A PROXECTOS TURISTICOS PARA O FOMENTO DE TURISMO ENOGASTRONOMICO

Estas bases reguladoras teñen por obxecto establecer as condicións para a concesión de axudas a establecementos turísticos para actuacións de adecuación de establecementos enoturísticos que permitan a posta en valor de produtos vitivinícolas e gastronómicos de Galicia, a creación de experiencias enogastronómicas e a creación e ampliación da oferta de aloxamento vinculada ao sector turístico enogastronómico de Galicia (código de procedemento TU503I), así como proceder á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual.

 

Mesa redonda sobre a prostitución no marco da campaña "12 comercios, 12 sensibilidades"

A mesa redonda "A prostitución, unha realidade invisibilizada" contará coa participación da coordinadora do Programa Vagalume, Lourdes Pazo, e da psicóloga Lorena Nieto. O obxectivo do debate organizado pola tenda Naf Naf Santiago é reflexionar e concienciar sobre a realidade da prostitución, que moitas veces pasa desapercibida na nosa sociedade. A mesa redonda celebraráse a partir das 19.00 horas, e por mor da limitación do aforo será preciso confirmar asistencia no teléfono 696549331.

Campaña solidaria do comercio local de Santiago