Entregados os II Premios á Excelencia Empresarial
No acto, a alcaldesa salientou que as empresas premiadas demostran que "acadar a excelencia empresarial non é doado, mais tampouco é nin unha idealización nin unha utopía; que compatibilizar a rendibilidade económica, ambiental e social é posible".
O Concello de Santiago presentará o proxecto SMARTiAuGA ás axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para mellorar a xestión da auga no municipio
Co proxecto SMARTiAuGA, o Concello de Santiago pretende mellorar a xestión do ciclo da auga na cidade, implementando unha serie de melloras tecnolóxicas e infraestruturais, en liña coa súa estratexia global de transformación dixital cara a consecución dunha cidade intelixente ou smart city. Este proxecto conta cun orzamento de 3.953.386,56 euros en tres anualidades: 1.467.241 euros para o ano 2024, 2.144.066 eruos para o ano 2025 e 342.079 euros para o ano 2026.
LISTADO PREMIOS BUZÓNS VITAMINA B COMPRA NO TEU BARRIO
Ver listado adxunto:
NOME APELIDOS CENTRO
MARIA MANUELA C.C. SAR
Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago
A Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma PRESENCIAL, a xornada GRATUÍTA:
O xoves, 14 de decembro, en horario de 11:15 a 13:30 horas
"Investors day"
Mesa redonda e Café-Networking
Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago
A Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma PRESENCIAL, as xornadas GRATUÍTAS:
O martes, 12 de decembro, en horario de 10:00 a 12:00 horas
"People Analytics: Ver máis,ver diferente, ver mellor"
Bota a andar o proxecto "Entre Sar e Sarela" con máis de 3,2 millóns de orzamento para varias intervencións medioambientais na cidade
O executivo municipal confirmou esta mañá a aceptación da axuda da Fundación Biodiversidad para o proxecto "Entre Sar y Sarela" por un importe de 3.228.069,12 euros. A rexedora recordou que se trata dun "proxecto importantísimo que ten por obxectivo xerar un modelo urbano sustentatable aumentando a infraestructura verde, potenciando a conectividade ambiental do conxunto e recuperando áreas degradadas".
Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago
O vindeiro venres 24 de Novembro en horario de 12:00 a 13:00 hrs., a Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma GRATUÍTA, e formato ONLINE, a seguinte xornada de caso de éxito:
MIP: "unha solución tecnolóxica a medida para optimizar o teu negocio.": Ferramenta de planificación e xestión automatizada das quendas de traballo.
A Xunta de Goberno aproba o expediente de contratación das obras para a construción da senda peonil da rúa das Estrelas
A alcaldesa anunciou esta mañá que a aprobación do expediente de contratación das "Obras de execución do proxecto de Senda peonil da Rúa das Estrelas" para o que se abrirá un procedemento aberto de adxudicación e tramitación ordinaria, cun orzamento base de licitación de 126.172,99 € (base impoñible de 104.275,20 euros, máis IVE do 21% polo importe de 21.897,79 euros).
O Foro Talentia avalía as potencialidades da intelixencia artificial, reivindica o talento local e pón o foco na conciliación
A primeira tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, abriu o Foro Talentia lembrando "o enorme potencial que tén Santiago no ámbito da innovación tecnolóxica, grazas a unha USC que ofrece ata 11 titulacións do ámbito das ciencias, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas, incluído un novo grao en Intelixencia Artificial; e que debe establecer sinerxias cun tecido produtivo vinculado ao sector tecnolóxico que dá emprego en Compostela a preto de 2.000 persoas".